The Cozy Witch Collection

The Cozy Witch Collection

No máis profundo da fraga, entre muiños, canastos e ruinas encantadas; alí onde os finos raios de sol se filtran entre as árboles centenarias, o musgo abraza as rochas e as enredadeiras reclaman o seu territorio cubrindo antigas pedras, as Cozy Witches teñen o seu fogar.

Cada meiga nace cunha faísca única dentro do seu propio grupo.

  • spoon

    Cociñeiras

    Están as Cozy Witches cociñeiras, reconocibles pola culler que sempre levan na man. Elas coidan de todo e de todos: unas cociñan, outras preparan pocións, ungüentos, pomadas… incluso cremas hidratantes.

  • brush

    Pintoras

    Tamén temos as pintoras, que portan un pincel e gardan cores nos seus bolsos. Son as responsables de todo o que florece: con seu toque, as plantas espertan e as árboles crecen.

  • feather

    Escritoras

    Non faltan as escritoras, sempre cunha pluma na man. Elas dedícanse a contar historias, porque na fraga todo, absolutamente todo, ten una historia que merece ser escrita.

  • wand

    Variteiras finas

    Coa súa variña fina e elegante practican unha maxia sutil: moven o vento, controlan o lume, afinan a luz.

  • elder wand

    Variteiras toscas

    Portan variñas simples e retoras coma polas antigas. Traballan cunha maxia máis basta e primitiva, que vibra coa terra e co sangue das árbores.

  • daisy

    Xardineiras

    As xardineiras portan unha flor e son as gardiás das estacións. Saben o que debe crecer en cada momento do ano e ocupanse de que a fraga respire ao ritmo correcto: plantan segundo o ciclo, coidan o que florece e preparan a terra para o que está por vir.

  • lollipop

    Reposteiras

    As reposteiras de piruleta morada son o corazón cálido da fraga. Coma unha avoa que coñece todos os remedios, miman á súa familia con postres caseiros cheos de amor. As súas receitas non son exactas, son sentidas: unha pitada disto, un puñado daquilo, e sempre, sempre, un ingrediente secreto que só elas coñecen.

  • strawberry lollipop

    Pasteleiras

    As reposteiras de piruleta rosa son as artesás do doce refinado. Coma as variteiras elegantes, traballan con precisión milimétrica: receitas exactas, sabores pulidos, presentacións impecables. Nas súas mans, a repostería convértese en arte. Non improvisan, perfeccionan.

  • broom

    Voadoras

    As voadoras portan a súa vasoira con orgullo e gobernan os ceos da fraga. Desde as alturas vixían todo: que o fogar estea a salvo, que a paz reine entre as árbores, que os humanos non se aventuren máis alá dos sendeiros. Son os ollos da fraga, e nada se lles escapa.

  • parchment

    Recén licenciadas

    E para rematar, pero non menos importantes, están as Cozy Witches recen licenciadas. Recoñéceselles porque presumen do seu título, que levan a todas partes. Son as máis novas e aínda non saben quen son; aínda deben descubrir o seu grupo e a faísca que as define.

A Chama Eterna

Durante séculos, todas elas protexeron o equilibrio da fraga, mantendo viva a Chama Eterna da Vida, unha maxia antiga que só responde a corazóns bondadosos.

Co seu bo facer dominan a luz, falan cos animais, tecen feitizos de protección ou boa fortuna e, en ocasións, conceden os seus dons a algún humano recen nacido.

Os seus sorrisos

As súas vibrantes personalidades reflíctense nos seus sorrisos, que sempre chegan aos ollos. Con todo, o matiz de cada sorriso as distingue.

  • mischievous smile

    Algunhas mostran todos os dentes, intentando ocultar trasnadas ou pequenas desfeitas froito da súa curiosidade.

  • satisfied smile

    Outras sorrín cunha expresión felina, pechada e satisfeita, seguras do que fan e do que son.

  • half smile

    As máis tímidas apenas ladean os beizos.

  • contained smile

    Outras conteñen o sorriso porque non lles gusta ser o centro de atención, aínda que gozan do recoñecemento.

  • big smile

    Tamén están as do sorriso amplo e aberto: as máis inocentes, rebuldeiras e lambonas, sempre perseguindo abellas para roubarlles un pouco de mel.

  • singing mouth

    E, por suposto, están as que expresan a súa ledicia cantando, coa boquiña en forma de O; todas elas, naturalmente, sopranos.

Os seus cabelos

A cor dos seus cabelos tampouco é casualidade.

  • silver hair

    Prateado — As máis sereas, capaces de aportar paz só coa súa presenza.

  • pink hair

    Rosa deportivo — Pura enerxía: ter unha preto é coma multiplicar a vitalidade por mil.

  • red hair

    Vermello cadmio claro — Apaixonadas, volcadas por completo no que fan, ás veces desbordadas polas súas propias emocións.

  • aureolin hair

    Aureolin (amarelo) — Destacan pola súa intelixencia, aínda que ás veces se fan as parvas para evitar que as molesten con nimiedades.

  • harlequin hair

    Harlequín (verde vivo) — Excéntricas e independentes, as máis propensas a meterse en leas pola súa curiosidade innata; son, de certo xeito, as científicas da fraga.

  • black hair

    Negro — Serias e centradas, sempre dispostas a axudar e a resolver problemas.

  • blue aura hair

    Aura azul — As máis espirituais e etéreas, cun vínculo profundo cos espíritos da fraga; sábese que unha está preto cando, de súpeto, parece que se entende o que o vento rumorea.

  • orange hair

    Laranxa filipina — As máis divertidas e falcatrueiras, cun corazón que non lles cabe no peito. Levan a ledicia alí onde van.

A Revelación

Agora, por primeira vez, as Cozy Witches decidiron mostrarse ao mundo humano. Cos seus chapeus, amuletos e cores, revelan os seus dons, as súas historias e os seus destinos.

Cada NFT representa unha meiguiña única, coa súa personalidade, a súa maxia e a súa misión.

Quen adopta unha Cozy Witch non só recibe arte: recibe unha compañeira máxica, unha gardiá e un pedaciño da antiga fraga encantada.

A fraga segue a latexar, igual que fixo durante séculos, gardando segredos que só se revelan a quen sabe mirar con ollos limpos. As Cozy Witches, agora visibles ao mundo humano, continúan o seu labor silencioso: protexen, crean, curan e celebran a vida en todas as súas formas.

Cada unha delas leva unha faísca única, un pequeno lume que non se apaga e que agora pode viaxar máis lonxe ca nunca. Quen acolle unha destas meiguiñas leva consigo unha historia viva, un vínculo coa maxia antiga e unha promesa de compañía.

Porque, mentres exista alguén disposto a crer, a escoitar e a coidar, a fraga nunca deixará de falar. E as Cozy Witches, agradecidas, seguirán respondendo.

Ver en OpenSea